Este mes Carla e Marcos, voluntarios/as europeos/as de Amigos da Terra durante o 2012, rematan o seu proxecto en As Corcerizas.

Foi un ano moi especial, marcado pola celebración dos 10 anos de traxectoria do proxecto, a acollida da asociación a nivel internacional a través do summer camp, e as distintas actividades de formación, educación, campamentos, etc. Gracias á colaboración de Marcos e Carla puidemos desenvolver os programas e continuar a mellorar o equipamento, polo que dende a equipa agradecemos moito todo o que aportaron e tamén a nova amizade que creamos!

Esperamos vervos pronto de novo pola serra!

E animamos a todas as que podades participar no Servizo de Voluntariado Europeo a que vos informedes, xa que é unha gran oportunidade de obter experiencia profesional participando en distintos proxectos do país europeo que elixades, e a coste 0. Se estades interesadas contactade con nós!