Xa chegou a neve a As Corcerizas! pronto poderemos amosarvos esa bonita paisaxe.. E xusto antes recibimos varios grupos con diferentes intereses:

Achegáronse os/as socios/as e voluntarios/as de Enxeñería Sen Fronteiras, para levar a cabo a súa xuntanza de asociación, compartindo recursos e potenciando o traballo en rede entre organizacións!

Tamén recibimos ao alumnado do curso de Monitor/a Ambiental que está a levar acabo a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz, co obxectivo de coñecer novas ferramentas educativas, metodoloxías e recursos.

E non faltaron os/as nenos/as! xa que se achegaron 2 grupos do C.E.I.P. A Lama dende a provincia de Pontevedra, dende infantil ata o último curso de primaria, para coñecer a realidade das enerxía renovables.

Pronto comezarán novas actividades, estade atentos/as!