Arquivos de Decembro, 2012

Se as montañas te fan feliz, dálles algo a cambio!

Dende a Rede de Montañas, da que formamos parte, queremos transmitir unha mensaxe de entrada no 2013 para todas as persoas amigas das montañas: se as montañas te fan feliz, DALLES ALGO A CAMBIO!! Hai tanto que facer…!:

– defendelas de proxectos insensatos e de quenes as maltratan,
– aprender acerca delas e non molestar aos/ás habitantes,
– levarte lixo, reparar camiños e non estropealos,
– plantar árbores (e regalas),

qué máis se che ocorre? Comparte as túas ideas escribindo un correo a coordinacion@redmontanas.org e cóntanos cómo levalas a cabo!! Feliz 2013!!

Nova etapa para o voluntariado europeo

Este mes Carla e Marcos, voluntarios/as europeos/as de Amigos da Terra durante o 2012, rematan o seu proxecto en As Corcerizas.

Foi un ano moi especial, marcado pola celebración dos 10 anos de traxectoria do proxecto, a acollida da asociación a nivel internacional a través do summer camp, e as distintas actividades de formación, educación, campamentos, etc. Gracias á colaboración de Marcos e Carla puidemos desenvolver os programas e continuar a mellorar o equipamento, polo que dende a equipa agradecemos moito todo o que aportaron e tamén a nova amizade que creamos!

Esperamos vervos pronto de novo pola serra!

E animamos a todas as que podades participar no Servizo de Voluntariado Europeo a que vos informedes, xa que é unha gran oportunidade de obter experiencia profesional participando en distintos proxectos do país europeo que elixades, e a coste 0. Se estades interesadas contactade con nós!

Visitas educativas antes da neve

Xa chegou a neve a As Corcerizas! pronto poderemos amosarvos esa bonita paisaxe.. E xusto antes recibimos varios grupos con diferentes intereses:

Achegáronse os/as socios/as e voluntarios/as de Enxeñería Sen Fronteiras, para levar a cabo a súa xuntanza de asociación, compartindo recursos e potenciando o traballo en rede entre organizacións!

Tamén recibimos ao alumnado do curso de Monitor/a Ambiental que está a levar acabo a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz, co obxectivo de coñecer novas ferramentas educativas, metodoloxías e recursos.

E non faltaron os/as nenos/as! xa que se achegaron 2 grupos do C.E.I.P. A Lama dende a provincia de Pontevedra, dende infantil ata o último curso de primaria, para coñecer a realidade das enerxía renovables.

Pronto comezarán novas actividades, estade atentos/as!