Posta en marcha dos Programas Escolares 2012-2013!
Ábrese o prazo de inscrición para as actividades escolares!
Cada centro educativo poderá escoller entre 3 Programas diferentes segundo o tema de interese, a desenvolver nos meses de marzo a xuño.
– ProxectoTerra
– Alimentos Quilometricos
– Sentir, coñecer, actuar
Os Programas está dirixidos a alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos
– ProxectoTerra, proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dentro do cal están previstas: Visitas educativas polas instalacións de As Corcerizas e obradoiros sobre bioconstrución, roteiros interpretativos da paisaxe pola Serra de San Mamede ou actividades de etnografía cos/as propios/as habitantes dos pobos da Serra. As actividades están financiadas e dirixidas a alumnado de secundaria.
Inscrición aberta ata o 26 de outubro. Consulta o Programa Intercambios Territoriais 2012-2013 en As Corcerizas, as condicións para a participación, e apunta ao teu centro contactando con actividades@proxectoterra.es
– Alimentos Quilométricos: actividade educativa deseñada para primaria e secundaria na que se visualiza a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo. A través dun xogo os/as participantes asimilan os diferentes pasos da cadea de produción de alimentos, descubren as implicacións e consecuencias dun modelo industrializado fronte a un máis sostible e valoran as posibilidades que temos para mudar. Xogando podemos aprender a tomar decisións razoadas que conleven melloras, para as persoas e o planeta!
Consulta o Programa, e apunta ao teu Centro cubrindo esta ficha de inscrición [.odt] [.doc] e enviándoa a info@ascorcerizas.com
– Sentir, Coñecer e Actuar: nesta séptima edición do programa ofrecemos diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos e coñecemento do medio. Trátase de xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro.
Consulta os Programas e apunta ao teu Centro cubrindo esta ficha de inscrición [.odt] [.doc] e enviándoa a info@ascorcerizas.com
Máis información:
info@ascorcerizas.com
988 374 318 / 986 229 089
Os comentarios estan pechados.