A fin de semana do 27-28 de outubro levaremos a cabo un curso sobre sistemas eficientes de calefacción, no que realizaremos na práctica 2 muros radiantes con barro crú, mecanismo que permite unha captación corporal de temperatura superior que nos solos radiantes.

Trátase dun sistema moi eficiente, que funciona a baixa temperatura (35-40ºC), de doada combinación con enerxías renovables e moi saudable pola transpirabilidade do barro. Imparte a formación Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor.

Prezo: 80€; 70€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, aloxamento e manutención.

Horario:

  • Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
  • Domingo de 10:00 h a 14:30 h  e de 16:00 h a 18:30 h

Inscricións: envía a ficha cuberta antes do 23 de outubro a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.

As prazas son limitadas!

Máis información a través do correo info@ascorcerizas.com; e no teléfono 988 374 318

Related Images: