10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós
Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:
O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!
Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!
Programa:
Sábado
11.30 Encontro
12.00 Introdución aos sistemas de fitodepuración – Que son, alternativas existentes
Práctica no Filtro de Macrofitas en Flotación (F.M.F.). Contamos coa colaboración de Javier Santiago, de Tp3 oficina técnica forestal – Galicia
14.00 Xantar (por conta das participantes)
16.00 Microorganismos Efectivos: que son e como empregalos? Obradoiro de EM Dango (bolas de arxila con Microorganismos Efectivos). Contamos coa colaboración de Juan Gaiteiro e Andrés Reboreda, Reboreda SL Sanidade Vexetal
17.30 Obradoiros simultáneos:
Elaboración de pan ecolóxico, coa colaboración dun socio
Rocket Stove estufa eficiente con barro, coa colaboración dunha voluntaria
19.30 Obradoiro Técnicas de Proxección ao Futuro, coa colaboración dunha socia
21.00 Cea compartida coa comida que levaremos cada unha
22.30 Proxección de fotos e vídeo sobre As Corcerizas
E FESTAAAA!!!!!! ata que aguantemos! O aloxamento será no albergue
Domingo
11.00 Almorzo, organizado dende Amigos da Terra
Propoñemos un mercadiño de troco: trae roupa, libros, ou calquera cousa que non uses e penses que outras persoas poidan querer para trocar.
A aportación para a fin de semana é de 10 € por persoa.
Pregamos confirmación da túa asistencia para estar preparad@s!
Apúntate e celebra con nós 10 anos de ecoloxismo cos pés na terra!
Os comentarios estan pechados.
about 10 years ago
Ola,perdoade,son Lois,o de ola era un saudo mal posto,espero ir con o compañeiro de Antón ,non dou falado con el.
about 10 years ago
Hola de nuevo:
Para Ola, ya hablé con Antón y tiene el coche lleno, ya recoge a 3 personas en Ourense.
Quizás puedas ir con Francisco…para cualquier cosa, tienes nuestro móviles aquí
about 10 years ago
Hola:
Adrián y yo nos desviamos de la Autovía para entrar en Porriño y recoger a una chica.
Para Ola, el compañero Antón tiene que pasar por Pontevedra antes de ir para Corces, así que igual puede recogerte. Te doy su número 617061072
Para Angel Rodal, nosotros podríamos recogerte, pero no sé si has hablado con Francisco, como veo que sale también de Vigo.. Te dejo mi número por si acaso 650896488. Aún estamos organizando horas de salida…
about 10 years ago
Ola!
Eu tiña pensado sair de Vigo sobre as nove e vou parar en Ourense a recoller a unha compañeira, en principio todavía teño sitio para tres persoas mais. O meu número e o 617102935. Para o que sexa chamádeme! Paula dixome que en Ourense había tres persoas que necesitaban ser recollidas pero sólo tiven noticias de unha!
Unha aperta moi grande para todos!
about 10 years ago
Somos dous sería bo ir con algén dende Vigo ou PO ,GRACIÑAS.avisademe.Laura e Adrián non teño o voso nº o meu é 646246445
about 10 years ago
Yo salgo desde Vigo, vivo en Pi i Margall. Si puedo ir con Laura y Adrian sería perfecto.
Os dejo mi contacto 654430177 y angelrodal@hotmail.com.
about 10 years ago
Adrián y yo llevamos un furgo desde Vigo, hay 3 sitios libres, podemos recoger a alguien en Vigo o en Ourense.
Bicos!
about 10 years ago
¡Mi más sincera enhorabuena! Y que sean muchos más. Mucho ánimo y ADELANTE.
about 10 years ago
E parecía case un soño cando comezou sendo unha idea borrosa … e agora … mimá! … moito máis que unha realidade!
about 10 years ago
A verdade é que é unha alegría botar a vista atrás e pensar na inmensa cantidade de persoas que fixeron posible o proxecto… socios/as, voluntarios/as, traballadores/as, veciños/as, participantes, amigos/as, ponentes, alberguistas, profesionais das máis variadas temáticas… e un infinito etcétera
Para todos/as vós 10 anoas de agradecemento!
about 10 years ago
E eu irei facer un taller de Rocket Stove! Engadir ao programa!
about 10 years ago
Dez anos xa… e parece que foi onte. Noraboas e parabens para todos e todas as que, tendo moitos motivos para facelo, especialmente nos primeiros tempos, decidiron resistir e seguir traballando para que as utopías se fixeran realidade.