En colaboración con Tienes tierra tienes casa, levaremos a cabo durante 5 días un curso intensivo de formación específica que nos capacitará para a construción de vivendas con sacos de terra.

Mediante a aplicación das técnicas tradicionais deste sistema constructivo coas melloras tecnolóxicas das que dispomos na actualidade, levaremos a cabo a construción dun domo, dende a cimentaciòn ate o acabado e protección.

O curso está dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, etc.

Imparte Antonio Prados Beiras, profesional e formador en construción con terra; presidente da asociación Manos a la Tierra

Datas: 17 – 21 de outubro de 2012

Horario:

Inicio do curso: mércores 17 ás 10:00 da mañá

Remate do curso: domingo 21 ás 17:30 da tarde

Programa:

Descarga o programa [.pdf]

Prezos:

450 euros; 410 euros para socios/as de Amigos da Terra

Inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)

Inscricións:

Envía a ficha cuberta antes do 8 de outubro a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo.
As prazas son limitadas!

Ficha inscrición [.odt]

Ficha inscrición [.doc]

Máis información:

a través do correo info@ascorcerizas.com; e no teléfono 988 374 318