Encuentro Amigos de la Tierra Europa en As CorcerizasCon grande satisfacción por parte dos/as participantes e organización, o pasado día 19 dábamos por fechado o Summer Camp 2012.

Máis dunha trintena de xóvenes activistas de Amigos da Terra Europa intercambiamos experiencias, avaliamos a efectividade das nosas accións, e planificamos novas campañas e estratexias con fin de mellorar a información e sensibilización nos nosos entornos; promovendo unha transformación social que nos leve a un modelo ambientalmente sustentable e socialmente xusto.

Construción de forno de barroA enerxía e as ganas de aprender e medrar dos/as integrantes, asi como o entorno de coherencia que aportou As Corcerizas, foron os eixos fundamentais para reforzar e motivar esta rede de xóvenes que xa ten o seu espazo en Amigos de la Tierra.

Obradoiros prácticos, debates, xogos, dinámicas de participación, roteiros… foron algunhas das actividades que desenvolvemos ao longo destes 6 intensos días, e que seguro serán base para a planificación do Summer Camp 2013, que xa ten ponto de encontro en Noruega.

 

Compartimos con todos/as vós esta Galería de fotos feita por Brais Palmás ao longo de todo o Encontro