Summer Camp de Youth Friends of the Earth EuropeCada ano, mozos e mozas integrantes de Amigos da Terra Europa organizan un encontro de verán para reunir xóvenes activistas procedentes dos diferentes grupos de Friends of the Earth Europe.

Este ano, con grande satisfacción para todos/as nós, anunciamos que o Encontro terá lugar en As Corcerizas do 14 ao 19 de Agosto.

Poderás disfrutar dun programa de acción cheo de obradoiros sobre temas de xustiza climática, soberanía alimentaria e, as tan importantes, habilidades para a facilitación de reunións de grupo para a planificación de campañas e accións efectivas.

O Summer Camp de Young Friends of the Earth Europe (YfoEE) é unha oportunidade que hai unha vez ao ano para os activistas de toda a rede europea de Amigos da Terra, onde se che ofrece a oportunidade de coñecer outros mozos/as; afondando sobre os temas e as campañas nas que traballamos, aprendendo e desenvolvendo novas habilidades, e participando nas nosas accións e proxectos.

Youth Friends of the Earth Europe

Young Friends of the Earth Europe

Ademais, este ano teremos a oportunidade de celebrar, nun inmellorable entorno de coherencia como é o de As Corcerizas, o 5º aniversario de Young Friends of the Earth Europe.

Participación

Para poder participar deberás deberás ter menos de 31 anos.
O Encontro desenvolverase en inglés para faciliar a comunicación entre todos os/as participantes.

Custo

A Asociación cubrirá os gastos de aloxamento e manutención de cada participante, e unha axuda máxima 125 euros en concepto de viaxe para aqueles/as que a soliciten.

Prazas

Hai un total de 45 prazas, con 1-3 prazas dispoñibles para os/as participantes de cada grupo de Young Friends of the Earth Europe implicados no Encontro.

As prazas son limitadas e a prioridade de asignación será de socios/as e voluntarios/as de Amigos da terra que teñan disponibildade para asistir durante todo o campamento.

Reserva

Cobre a ficha de reserva e envíaa coa maior brevidade posible a info@ascorcerizas.com

Fai a túa reserva antes do 12 de xullo 2012