Arquivos de Xullo, 2012

Amigos da Terra Europa celebra o Summer Camp 2012 en As Corcerizas

 

Summer Camp de Youth Friends of the Earth EuropeCada ano, mozos e mozas integrantes de Amigos da Terra Europa organizan un encontro de verán para reunir xóvenes activistas procedentes dos diferentes grupos de Friends of the Earth Europe.

Este ano, con grande satisfacción para todos/as nós, anunciamos que o Encontro terá lugar en As Corcerizas do 14 ao 19 de Agosto.

Poderás disfrutar dun programa de acción cheo de obradoiros sobre temas de xustiza climática, soberanía alimentaria e, as tan importantes, habilidades para a facilitación de reunións de grupo para a planificación de campañas e accións efectivas.

Ler mais…

Damos comezo aos campas de verán de Greenpeace!

Na 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción, e coherentemente co espíritu dos seus campamentos ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos da Serra de San Mamede.

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facelas.