Campamentos de verán con Greenpeace!
Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.
Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.
Están dirixidos a “Xóvenes en Acción”, de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.
Aínda non hai comentarios.
Non hai trackbacks aínda.
Curso de elaboración de xabóns e cosmética natural
about 1 week ago - Enviar comentario
[ 1 de Xuño de 2013 10:30 a 2 de Xuño de 2013 13:30. ]
O uso frecuente de cosméticos con aditivos pode ameazar a saúde da nosa pel e de todo o noso organismo; xunto coa consecuente contaminación das augas por excesos de sustancias tóxicas. A través deste curso ofrecemos unha alternativa natural e saudable!
Realizaremos o proceso completo de elaboración con diferentes compoñentes e esencias, co obxectivo de que [...]
ENTENDÉMONOS: curso de comunicación intra e interpersoal
about 3 weeks ago - Enviar comentario
[ 25 de Maio de 2013 10:30 a 26 de Maio de 2013 13:30. ]
Para todas as persoas e colectivos que queirades reflexionar e aprender conceptos e técnicas relacionadas coa comunicación asertiva e a mellora das relacións, presentamos este curso a desenvolver o 25 e 26 de maio en As Corcerizas. Cun clima grupal cómodo e lúdico, traballaremos a comunicación verbal e non verbal, as habilidades comunicativas e resolución [...]
Únete ao campo de traballo de bioconstrución!
about 3 weeks ago - Enviar comentario
Está aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto en As Corcerizas.
Amigos da Terra abre un espazo participativo para a formación práctica en bioconstrución a través de traballos colectivos que nos mostren como empregar materiais ecolóxicos para minimizar os impactos que [...]
Apúntate aos cursos desta primavera!
about 2 months ago - Enviar comentario
Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera:
- Fotografía ambiental, imaxes para o cambio social
- Tratamentos biolóxicos de augas residuais: cómo construir un sistema de depuración autónomo
- Alimentación e nutrición sana eco-lóxica e natural
- Elaboración de xabóns e cosmética natural
- Construción con sacos de terra
O PREZO dos cursos [...]
Activismo na Serra de San Mamede
about 2 months ago - Enviar comentario
[ 16 de Marzo de 2013 a 17 de Marzo de 2013. ] Dando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:
Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas [...]
Desafío Solidario: 1000 árbores para a Serra de San Mamede
about 2 months ago - 1 comentario
[ 2 de Marzo de 2013; 09:30 a 19:00. ] O vindeiro 2 de marzo xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas.
A primavera pasada socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra colaboramos no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012; un evento deportivo organizado anualmente por Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII, que o ano [...]
Campamentos 2013 con Amigos da Terra!
about 3 months ago - Enviar comentario
Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!
Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.
Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos [...]
Descarga o calendario 2013 de Amigos da Terra Europa
about 3 months ago - Enviar comentario
A sección xuvenil de Amigos da Terra en Europa, Young Friends of the Earth Europe, están moi felices de poder mostrar as accións de 2012 neste calendario, e con ganas de planificar moitas máis cousas apaixoantes para 2013!
Podedes divulgar e descargar o calendario, imprimilo e empregalo cada día!
Atoparedesvos accións realizadas en Galicia, como fotos do [...]
Actividades Escolares: oferta especial de primavera!
about 3 months ago - 1 comentario
Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa “a medida”. Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:
Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! [...]
Se as montañas te fan feliz, dálles algo a cambio!
about 4 months ago - Enviar comentario











