Durante o mes de maio, As Corcerizas ocupou un espazo de relevancia na Carpeta informativa do Centro Nacional de Educación Ambiental CENEAM, un boletín electrónico mensual que constitúe un completo e práctico ficheiro de recursos en temas ambientais. Podedes consultar a reportaxe sobre As Corcerizas na sección ¿Quién es quién?, un espazo que adican a colectivos, entidades e institucións que traballan en educación ambiental.

O CENEAM é un centro de referencia en Educación Ambiental que leva máis de 20 anos traballando para promover a responsabilidade da cidadanía en relación ao medio ambiente. Parabéns polo aniversario!