Os días 9 e 10 de xuño levaremos a cabo unha acción formativa na que se transmitirán coñecementos, criterios e recursos prácticos que nos introducirán no mundo da carpintería de bioconstrución; capacitándonos para construir estruturas lixeiras e aplicar tratamentos e acabados na madeira.

O curso está dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, etc.

Imparte a formación André Calvo, profesional da carpinteiría e a bioconstrución.

Horario:

  • Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
  • Domingo de 10:00 h a 14:30 h  e de 16:00 h a 18:30 h.

Prezo:

  • Completo: 115 euros. 105 € para socios/as. Inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)
  • Reducido: 75 euros. inclúe formación e aloxamento (manutención por conta dos/as participantes)

Inscricións: envía a ficha cuberta antes do 1 de xuño a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As prazas son limitadas!

Máis información a través do correo info@ascorcerizas.com; e no teléfono 988 374 318