Biodepuración de augas. Xornada teórico-práctica
O vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.
A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.
Un Xornada sen dúbida interesante para particulares, empresas e Administración pública.
PROGRAMA:
10:30 – 11:45 Introdución aos sistemas de Fitodepuración – Que son, alternativas existentes
. Aplicación en Galicia do Filtro de Macrofitas en Flotación (F.M.F.)
11:45 – 12:15 Descanso
12:15 – 13:45 Introdución aos Microorganismos Efectivos (E.M.) – Que son, posibles aplicacións
. Depuración de augas con EM
13:45 – 15:30 Xantar (por conta dos participantes)
15:30 – 16:15 Obradoiro EM Dango (bolas de arxila con Microorganismos Efectivos)
16:30 – 18:30 Analíse in situ e actividade de replantación no sistema FMF de As Corcerizas
PONENTES:
- Javier Santiago, Tp3 oficina técnica forestal – Galicia. Delegación técnica hidrolution FMF Galicia (www.hidrolution.com)
- Juan Gaiteiro e Andrés Reboreda, Reboreda SL Sanidade Vexetal
Data: Sábado 26 de maio
Horario: De 10:30 h a 13:45 h e de 15:30 h a 18:30 h.
Xantar por conta dos/as participantes
Destinatarios/as: público xeral; especialmente dirixido para persoal técnico de concellos, xestores de comunidades de montes e instalacións públicas e privadas, e todas aquelas persoas interesadas en coñecer alternativas naturais para a depuración de augas.
Prezo: 30 euros. 25 € para socios/as.
Certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten
INSCRICION:
Envia a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax; antes do 22 de maio a:
info@ascorcerizas.com
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense












about 1 year ago
Pois si, a colaboración de Aida e resto de participantes do campo de traballo de hai xa creo que 6 anos.. foi moi positiva para o proxecto.. e ahí continuamos! teño moi bo recordo daquel campo, moitas gracias e bicos!!
about 1 year ago
Realmente me interesaba, porque estoy estudiando el último año de Biología. Además, el día 28 mi grupo y yo presentaremos un proyecto que incluye una bio-piscina (aunque sea de baño, está basado en el mismo sistema de depuración) =)
about 1 year ago
Que tal Aida, o ofrecemento era para as persoas que se inscriban en xeral, pero gracias por lerme
about 1 year ago
Me seria imposible de todas formas, vivo en Asturias. Me pilla justo en medio de examenes y un par de dias antes de la presentación de mi proyecto.
Pero gracias por la información!
about 1 year ago
Olá! Eu levo coche, desde Vimianzo, e creo que collo unha persoa en Compostela.
about 1 year ago
Me parece una buena oportunidad de dar a conocer este sistema de depuración. Me siento muy orgullosa de haber participado en el voluntariado que ayudó a la construcción del mismo.
Es una pena que no pueda asistir.
Ojalá se desarrollen más jornadas similares.