“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.

En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:

  • Abril: 21­-22
  • Maio: 12­-13 e 26­-27
  • Xuño: 9­-10

Programa:

Sábado:

  • Roteiro interpretativo pola montaña, nocións de orientación con mapa e brúxula.
  • Visita etnográfica ao pobo de Rebordechao.
  • Velada.

Domingo:

  • Xogo de orientación.
  • Baño no Balneario de Baños de Molgas e tratamento con parafangos.

Prezo:

94€, 75.20 € para as persoas que posúan o carné xoven

Reserva e inscrición:

Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono:

981 545937
981 545702
981 545822
981 541689

De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas.
Máis infomación sobre o programa en: Roteiros para a xuventude

Programa organizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Xunta de Galicia