Arquivos de Abril, 2012
Participa no curso práctico de Cociña ecolóxica e local (Completo)
Abr 16
Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica. Nesta II edición achegarémonos máis a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos na estación de primavera.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.
Contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
Abr 2
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:
- Abril: 21-22
- Maio: 12-13 e 26-27
- Xuño: 9-10
Curso “Inclusión do enfoque ambiental na cooperación ao desenvolvemento”
Mar 27
O 14 e 15 de abril iniciamos o curso teórico-práctico sobre integración da sostibilidade ambiental na cooperación. Dirixido a aquelas persoas que traballan neste eido, o programa ten unha dobre finalidade:
- A capacitación dos principais axentes de cooperación para desenvolver accións e proxectos sustentables.
- O intercambio de experiencias, coñecementos e necesidades entre os axentes financiadores de proxectos e as entidades solicitantes dos mesmos.
Dende unha metodoloxía práctica levaremos a cabo obradoiros paralelos para cada un dos grupos de alumnos/as impartidos por destacados/as expertos/as na materia (profesionais de diversas ONGD e da AECID).
Descarga o tríptico do curso e consulta toda a información sobre o programa e os/as formadores/as.
Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!
Feb 10
Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.
Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.
OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.













Comentarios Recentes