Arquivos de Marzo, 2012

Curso “Inclusión do enfoque ambiental na cooperación ao desenvolvemento”

O 14 e 15 de abril iniciamos o curso teórico-práctico sobre integración da sostibilidade ambiental na cooperación. Dirixido a aquelas persoas que traballan neste eido, o programa ten unha dobre finalidade:

  • A capacitación dos principais axentes de cooperación para desenvolver accións e proxectos sustentables.
  • O intercambio de experiencias, coñecementos e necesidades entre os axentes financiadores de proxectos e as entidades solicitantes dos mesmos.

Dende unha metodoloxía práctica levaremos a cabo obradoiros paralelos para cada un dos grupos de alumnos/as impartidos por destacados/as expertos/as na materia (profesionais de diversas ONGD e da AECID).

Descarga o tríptico do curso e consulta toda a información sobre o programa e os/as formadores/as.

Ler mais…

Apúntate aos novos cursos e actividades nesta primavera

cursos Amigos da TerraDende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será convocado e detallado coa información precisa, pero podedes facer unha pre-reserva enviando un correo a info@ascorcerizas.com coa vosa solicitude.

Ademais poderedes disfrutar dun programa de educación ambiental e lecer na natureza, “Roteiros para a Xuventude”, con actividades de sendeirismo, orientación, coñecemento etnográfico e balneario! Máis información dos Cursos e actividades nesta primavera.

Reserva datas e apúntate canto antes!
  • Inclusión do enfoque de sostibilidade ambiental nos proxectos de Cooperación, 14-15 de abril
  • Cociña ecolóxica local. Transición cara unha alimentación sana e sustentable, 5-6 de maio
  • Xornadas de Biodepuración: sistema F.M.F. e microorganismos eficientes, 26-27 de maio
  • Carpintería en Bioconstrución, 9-10 de xuño

Creando unha nova espiral de iniciativas

Esta fin de semana un grupo de 20 persoas participaron no curso de Horta Ecolóxica Familiar. Guiadas por Jacobo e Belén, puxemos a semente que xerminará en novas iniciativas e melloras das nosas hortas.

Para comezar, elaboramos entre todas unha espiral de aromáticas e un bancal para o cultivo de verán, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos. De xeito ameno e dende unha visión práctica, recibimos moita información e fomos máis conscientes de todos os factores a ter en conta nos nosos cultivos.

Unha posta en valor do traballo que desenvolven os labregos e labregas en Galicia, o que nos motiva a apoiar as iniciativas de agricultura ecolóxica local e a rexeitar unha alimentación baseada na explotación masiva dos recursos naturais e humanos.