O horto ecolóxico familiar. Capacitándonos na produción para o autoconsumo
Do 17 – 18 de marzo dámos comezo á programación formativa de primavera cun curso teórico práctico sobre horticultura.
Da man de Belén Fervenza e Jacobo Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.
Consulta a Programacion do curso.
Datas: 17 -18 marzo
Horario: Sábado de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 20:30 h.
Domingo de 10:00 h a 14:30 h e de 16:00 h a 18:30 h.
Prezo completo: 110 euros. 100 € para socios/as. inclúe formación, aloxamento e manutención (procedente da agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible)
Prezo reducido: 70 euros. inclúe formación e aloxamento (manutención por conta dos/as participantes)
Destinatarios/as: público xeral, especialmente dirixido para aquelas persoas que queiran iniciarse no cultivo ecolóxico ou mudar dun sistema convencional.
Certificado de asistencia para aquelas persoas que o soliciten
Inscrición: Envia a ficha cuberta por correo electrónico, postal ou fax; antes do 12 de marzo a:
info@ascorcerizas.com
Fax: 988 511 020
R/Concordia nº20, 2º esquerda. 32003 Ourense
Os comentarios estan pechados.
about 11 years ago
sim, feito! Já combinei com elas. Obrigada Analia
about 11 years ago
Ola Raquel, envieiche onte a o teu correio un contacto para subir con outras rapazas
about 11 years ago
Eu gostaria de combinar com alguém o sábado pela manhã em Ourense… se alguém se presta, que me diga lugar e hora. De Ourense ás Corcerizas leva-nos uma hora aprox. Obrigada!
about 11 years ago
nino, mañán chámote para ver se vas mañán ou pasado e para concretar, xa que non estou segura de que poida marchar mañán.
about 11 years ago
Eu saio de Ferrol o sábado pola maña. Se alguen se apunta polo camiño, paso por Santiago e Ourense
about 11 years ago
Hola Raquel, eu saio dende Pontevedra,se queres podemos concretar e ir xuntos, a unica dubida que teño e cando sair,non sei si sair o venres pola tarde ou o sabado pola maña.
Se alguen mais se quere apuntar aqui deixo o meu numero de telefono 626458333
about 11 years ago
OLA! Alguén que vaia dende Pontevedra ou Vigo? Non teño coche e así os gastos irían repartidos.Moitas grazas!!
about 11 years ago
Eu xa combinei con Alberto en Xinzo ás 9:00, se alguén se suma que avise
about 11 years ago
Eu saio o sábado de A Coruña cediño cediño levo o coche sobra sitio…
about 11 years ago
Bo dIa son Analia e buscaba algunha praza libre para subir (e baixar) ao curso dende Allariz ou Xinzo ou arredores…
Moitas gracias
about 11 years ago
Ola Marga,
se te refires á razón económica, só comentarche que ademais da posibilidade da redución sen manutención, en todas as actividades deixamos 1 praza para intercambio por traballo. Así todo o mundo conta coa posibilidade de poder participar!
Un saúdo.
about 11 years ago
Moi interesante, pero non se pode