Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!
Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.
Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.
OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.
O programa está dirixido a alumnos/as e educadores/as de 5º e 6º de Primaria e 1º ESO dos centros escolares de Galicia. Contaredes con materiais para continuar traballando os contidos: os/as educadores/as poderedes dispor de información adaptada e do noso asesoramento.
Obxectivos:
- Visualizar o entramado do actual modelo de produción de alimentos
- Analizar as consecuencias ambientais, económicas e sociais deste modelo
- Coñecer alternativas e opcións máis respetuosas e sostibles
Contidos e Metodoloxía, a xornada estará dividida en dúas partes:
- Analítica e reflexiva: visualizaremos a orixe dos alimentos tendo en conta as emisións de CO2, a superficie necesaria para a súa produción a escala mundial e a pegada ecolóxica deste modelo
- Valorativa e proactiva: a través dun xogo asimilaremos os diferentes pasos da cadea de produción de alimentos, descubriremos as implicacións e consecuencias dun modelo industrializado fronte a un máis sostible e valoraremos as posibilidades que temos para mudar.
Xogando podemos aprender a tomar decisións razoadas que conleven melloras, para as persoas e o planeta!
Reserva a túa data enviándonos a ficha de inscrición cuberta:
Ficha inscricion [odt] / Ficha inscricion [doc] Coa Colaboración de 












about 1 year ago
gracias! pois os materiais pronto estarán dispoñibles para quen lle interese, os difundiremos para que se empreguen, son moi interesantes e vistosos.
Saúdos!
about 1 year ago
Bonita actividad
Saludos!