Arquivos de Decembro, 2011

6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.

Contacta con nós en:

info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171

  • Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
  • Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo

Participación no curso de Educación Ambiental Rural en Cantabria

Esta pasada semana o proxecto de As Corcerizas estivo presente en Cantabria para participar no curso de Educación Ambiental Rural que está a desenvolver o CEDREAC – Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria.

Co obxectivo de transmitir a experiencia destes casi 10 anos de traballo nun entorno de montaña como é a Serra de San Mamede, o CEDREAC convidou a Amigos da Terra a divulgar as ferramentas que poden proporcionar unha batería de ideas para os/as participantes, moi interesados/as en iniciar os seus proxectos no rural.

O bo ambiente e a activa participación dos/as asistentes facilitaron o dialogo e potenciaron a reflexión cara distintas posibilidades, iniciativas e capacidades para a acción.