Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas
Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro
Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.
Sábado 26, a partires das 17.30h.: prepararación do Nendo Dango e materiais.
Poderedes aloxarvos de xeito gratuíto no albergue! ou vir directamente o domingo.
Domingo 27, en horario de 10.30h. a 18.00h.:
- Recollida de sementes
- Roteiro interpretativo. Observación e valoración das repercusións do lume
- Plantación de estaquiñas de salgueiro a carón dos regueiros
- Sementeira e plantación de árbores e método Nendo Dango (bolas de arxila con sementes autóctonas)
Consulta o Programa das Xornadas
Ficha de inscricion xornadas monte formato odt
Ficha de inscricion xornadas monte formato doc
Colabora nesta actividade:
Os comentarios estan pechados.
about 10 years ago
Boas aqui vos deixo a ligazón da reportaxe que gravaron os da TVE para o informativo territorial. Arredor do minuto 19. Sinceramente tanta gravación para ao final reducilo a un comentario, unha mágoa
http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-18-01-12/1297528/
about 11 years ago
Intensa e gratificante Xornada… as fotos o din todo 😀
Moitas gracias a todos/as pola enerxia e bo ánimo aportado durante a fin de semana; sen lugar a dúbidas un execelente e moi necesario traballo para a mellora e conservación da Serra de San Mamede.
about 11 years ago
Ben, eu levo unhas verduras (pementos, cenorias e cebolas) para o refogado da cea e galletas para o almorzo. Vémonos dentro de dúas horiñas. Un saúdo a todos!!
about 11 years ago
Se ainda non é tarde para apuntarse … Xacobo mais eu subiremos dende Allariz e temos sitio no coche para 3, se alguén se apunta pode enviarme unha mensaxe o correo-e.
Un saudo!!
about 11 years ago
Ben, pois eu levarei acelgas da horta e algunhas cebolas para a cea; e marmelada e café para o almorzo
about 11 years ago
Para a cea estou totalmente de acordo co que suxeriches Analía. Levarei millos e bonito. Para o almorzo podo levar unha peza de man e manteiga, por exemplo. Un saúdo
about 11 years ago
Hai un participante de ourense que ofrece 3 prazas para subir en coche a As Corcerizas o sábado.
Se queredes contactar con el escribídenos un correo a info@ascorcerizas.com
about 11 years ago
Ola Alberto,
como escoitarías os incendios arrasaron moitas hectáreas no Macizo Central Ourensán, véndose a Serra de San Mamede moi afectada.
O lume non chegou aos edificos de As Corcerizas, pero estivo moi moi cerca. Os montes próximos a Teixeira e Castro e parte dos camiños que percorriamos para chegar ao alto da Serra están calcinados… unha tristura de paisaxe.
O Bidueiral salvouse, pero os arredores tamén foron afectados…
A maiores de exisir á Xunta que recoñeza a gravidade da situación e active medidas de recuperación, dende Amigos da Terra estamos facendo labores de sensibilización e recuperación de pequenas zonas.
Gracias polo interese
about 11 years ago
Me quedo un poco intranquilo, pues no sé la trascendencia de lo ocurrido. Alguien puede contar algo?
Abrazos.
Alberto