Participa no curso de cociña vexetariana e envasados
Coa idea de promover hábitos de consumo máis saudables, os días 12 e 13 de novembro levaremos a cabo un curso no que coñeceremos criterios de cociña vexetariana, coa fin de incorporar máis verduras, hortalizas e legumes na nosa alimentación diaria.
Elaboraremos receitas con productos de tempada e de orixe ecolóxica e local, descubrindo ademais novas posibilidades para poder conservalos durante todo o ano.
Vai ser divertido, ameno e sobre todo imos poder degustalo!
Actividade gratuita finaciada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Inclúe matrícula, aloxamento e manutención.
Datas: 12-13 de novembro de 2011
Horario: sábado ás 10.00h ata domingo ás 16.00h.
Destinatarios/as: cociñeiros/as de centros públicos, coordinadores/as de comedores, ANPAs; e calquera persoa, asociación, cooperativa, empresa interesada na programación do curso
Imparte: Gloria Domecq, experta en cociña natural.
Programa:
Descarga a información do proxecto e o Programa do Curso
Inscricións:
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As prazas son limitadas!
info@ascorcerizas.com
986 125 171
Os comentarios estan pechados.
about 10 years ago
Ola Mirian, coido que andas un pouquiño despistada cos días… o curso xa tivo lugar, para disfrute de todos/as os/as asistentes, a pasada fin de semana.
A convocatoria tivo moitísimo éxito, e probablemente máis adiante voltemos a programar algunha actividade formativa similar.
about 10 years ago
quixera saber si xa están as prazas cubertas ou si ainda temos oco. Ademáis quixera saber si se pode asistir o curso sen durmir.
about 10 years ago
Ola!
Somos dous que imos desde Compostela e temos tres sitios dispoñibles no coche. Tamén estamos dispostos a compartir o coche doutros.
Contactade con nós, se queredes, neste enderezo electrónico: davidecobas@gmail.com
Saúde!
about 10 years ago
hai alguén que vaia dende vigo???