bioatlantic_amigosdaterra_

Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.

O proxecto está estructurado nun salón con numerosos expositores, un programa de conferencias divulgativas e o desenvolvemento do “I Foro Atlántico de Desarrollo Sostenible”, un evento que se perfila como punto de encontro entre os expertos do sector e un espazo no que se reúnan os protagonistas do desenvolvemento sostible.

Dende a Asociación participaremos aportando unha visión global, práctica e ecoloxista dos temas centrais do evento; presentando nunha comunicación o proxecto de As Corcerizas, e difundindo información sobre bioconstrucción, transxénicos e xestión de residuos nun posto informativo no que tamén divulgaremos as actividades de Amigos da Terra.

HORARIO:

DÍA 30 Setembro e 1 de Outubro: de 10.30 h a 20.00h

DÍA 2 de Outubro: De 10.30h a 19.00 h

LUGAR:

Auditorio Palacio Congresos Mar de Vigo

Avda. Beiramar s/n  36202 Vigo

 

PREZOS:

Entrada ao Salón: 5€ en taquilla e 3€ solicitando desconto na web (ate o mércores 28)

Asistencia ao Foro (previa inscrición): 3€ por 1 día; 5€ os 2 días (inclúe visita ao salón)