Durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.
Actividades de educacion ambiental sobre compostaxe

A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias aos/ás asistentes para ser transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores; capaces de producir nos seus receptores/as cambios actitudinais que lles fagan ser máis respectuosos/as co medio, xustos/as, críticos/as e conscientes das súas actuacións.

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas.

Datas: 22-23 de outubro de 201

Horario: o curso dará comezo o sábado 22 ás 10.00h e rematará o domingo 23 ás 19.30h

Prezo: 70 €; 55€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe matrícula, aloxamento e alimentación procedente de agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

Destinatarios/as: educadores/as ambientais, monitores/as e directores/as de tempo libre, docentes e calquera persoa, asociación, cooperativa, empresa interesada nos obxectivos do curso.

Obxectivos

  • Transmitir a relevancia da educación ambiental como motor de cambio.
  • Achegar coñecementos, aptitudes e ferramentas para incorporar a compoñente ambiental en actividades e programas educativos.
  • Capacitar para a creación de recursos didácticos empregados nas actividades de educación ambiental.
  • Facilitar estratexias e ferramentas para o guiado de grupos.

Contidos
Bloque 1

  • Bases metodolóxicas da educación ambiental.
  • O papel do/a educador/a ambiental.
  • Deseño de recursos e materiais.
  • Modalidades e técnicas de avaliación.

Bloque 2

  • Recursos prácticos para a educación ambiental.
  • Actividades en equipamentos de Educación Ambiental.
  • Actividades nun entorno natural.
  • Realización de casos prácticos.

 

Inscricións:
Envía a ficha cuberta a info@ascorcerizas.com e contactaremos contigo. As plazas son limitadas!

Ficha inscricion .odt

Ficha inscricion .doc

 

Esta actividade está financiada pola Rede de Amigos de la Tierra