Preto de 300 persoas procedentes de diferentes localidades, de varias xeracións e con distintos intereses, reuníronse a finais de agosto en As Corcerizas durante 5 días para falar, escoitar, aprender e intercambiar todo aquelo válido para vivir en comunidade, buscando unha forma de vida máis humana, máis respetuosa e sobre todo máis sinxela.

Houbo unha grande variedade de temas – obradoiros a tratar: comunicación, resolución de conflictos, educación, proxectos, bioconstrución, permacultura, enerxías renovables, entre outros. Tamén houbo espazo para presentar proxectos existentes de Ecoaldeas e ofertar outros novos que se están a por en marcha.

Ademáis dos obradoiros e charlas, o Encontro tivo moi bos momentos, coma por exemplo as noites, cheas de actuacións, representacións teatrais, humor, música tradicional galega, danza, en fin, boas noites de festa acompañadas do son da música e as palmas.

Resultou asombrosa a fluidez do Encontro e do ben que responderon as persoas participantes. Foi unha grata experiencia para todas/os nós, marchando cargadas/os de enerxía positiva e sentindo como As Corcerizas, tamén se cargou de emocións, sentimentos tan positivos e esperanzadores que desprende un novo sopro de aire fresco.

Aquí vos deixamos unha galería fotográfica que é unha pequena mostra deste grande acontecemento: