Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.

40 horas presenciais. Certificado de asistencia.

Prazas Limitadas!

Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra

Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:

Curso de Bioconstrución, 20 horas

  • Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
  • Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro

Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20 horas

  • Módulo Teórico – Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
  • Módulo Práctico – Elaboración de morteros de cal; revocos exteriores e interiores; solos de cal

Consulta os contidos e condicións de inscrición:

Imparten a formación:

  • Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor
  • Suso López Taboada, Montaxes Lagoa-enerxías renovables
  • Monique Cerro, especialista en restauración de construcións antigas, asociación Oïkos información, formación e educación en Eco-construción, Francia
  • Romain Denisot, responsable de formación e técnico en Eco-construción, asociación Oïkos información, formación e educación en Eco-construción, Francia
  • Ana Belén Albo López, responsable de área técnica de FAIMEVI, Fundación Axencia Intermunicipal da enerxía de Vigo
  • Paula Vidal, responsable de formación en Amigos da Terra

Curso de Bioconstrución, 20h. Contidos:

Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro

  • Introdución: Bioconstrución, Enerxías Alternativas e Xestión de Residuos.
  • Concepto de Pegada ecolóxica.
  • Principios de bioconstrución
  • Materiais de bioconstrución: Análise do Ciclo de Vida (ACV) e criterios de selección
  • Sistemas construtivos e técnicas
  • Aplicación práctica: estudio de caso e análise comparativa de diferentes solucións técnicas

Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro

  • Sentirse cómodo/a a nivel térmico
  • Pérdidas térmicas
  • Estratexias de eficiencia térmica

– Illamento
– Estanqueidade do aire
– Regulación higrométrica do edificio

  • Indicadores de eficiencia térmica dos materiais
  • Rehabilitación térmica e Casas pasivas
  • Marco legal sobre a eficiencia enerxética en edificios

Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20h. Contidos:

Curso práctico: 8 e 9 de Outubro

MÓDULO TEÓRICO
Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación

Contidos a tratar
• Funcionamento higrotérmico dos edificios antigos
• Química da cal
• Proceso de fabricación da cal
• Características da cal
• Usos da cal
• Elaboración de morteiros de cal:

­-para remates
­ -para planchadas
­ -con función illante
­ -con función de corrección térmica

MÓDULO PRÁCTICO
Elaboración de diversos tipos de morteiros de cal, en función dos uso e condicións, e de pinturas

•Elaboración de morteiros

-composición
­ -ferramentas
­ -condicións climáticas
­ -usos

• Aplicación dos diferentes morteiros
• Pintura con cal “ao fresco”

Datas e Horarios:

Curso Bioconstrución Módulo 1: Recepción e aloxamento o venres 30 de setembro a partir das 20.30h.; remate o domingo ás 19.30h.
Curso Bioconstrución Módulo 2: Venres 7 de outubro en horario de 16.00h. a 21.00h.
Monográfico de Cal: sábado 8 de outubro inicio ás 9.30h.; remate o domingo ás 21.00h.

Prezos:

  1. Prezo conxunto do Curso de Bioconstrución e Monográfico de cal: 200€; 175€ para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, o aloxamento e a manutención, con alimentos de produción ecolóxica local e comercio xusto na medida do posible, das dúas fins de semana.
  2. Prezos por separado:
  • Curso de Bioconstrución: 120€; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (cea do día 30 por conta propia). Opción só matrícula 75€ (aloxamento e manutención por conta propia).
  • Monográfico de cal: 120€; inclúe matrícula, aloxamento e manutención. Opción só matrícula 75€ (aloxamento e manutención por conta propia)

Envía a túa inscrición:

Máis información:

986 125 171
info@ascorcerizas.com

 

 

Envía a tarxeta e axúdanos a difundir o curso!