Rematamos o campo de traballo de bioconstrución moi satisfeitas/os dos resultados obtidos, da convivencia e o bo ambiente de cooperación e traballo conxunto que se creou, acompañado por suposto de moitas risas!

Tomando a bioconstrución como fío conductor, creamos entre todos e todas as participantes un campo multidisciplinar de reflexións, opinións e experiencias desde distintas temáticas ambientais, sociais, e diferentes puntos de vista.

  • Revocamos con barro a parede interior do edificio do comedor, continuando o traballo inciado polo grupo do campo do verán pasado e coa colaboración de Guido Tomasini, artesano e bioconstrutor
  • Fixemos ladrillos de adobe para a construción de baños secos para o encontro da Rede Ibérica de Ecoaldeas
  • Renovamos con aceites naturais as vigas das cubertas vexetais dos edificios
  • Pintamos o albergue co asesoramento do Pintor de Quins
  • Plantamos acivros e acondicionamos a nova zona de creación do biotopo para ir recuperando o contorno

 

 

E  todas estas actividades combinadas con animación, obradoiros, excursións pola montaña,visita á cidade de Ourense e á costa galega, etc., afianzaron o grupo e deron a oportunidade de que persoas de todo o estado español e 3 participantes de Uruguay coñecesen os recursos naturais e culturais de Galicia.

Aquí podedes ver as fotos e algúns vídeos dos 12 días do campo!