Galego | Castellano

Este verán, do 25 ao 30 de agosto, As Corcerizas acollerá o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas.

Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno hacia novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respeto por minorías e maiorías.

Realizaránse un total de 28 obradoiros, charlas, experiencias e demais actividades coas que poder trazar a nosa propia ruta por este universo eco aldeano.

Ademais, haberá espazo para os momentos autoxestionados que xorden nestes encontros de verán: música, videoforum, obradoiros, bailes, etc…

Información ampliada sobre a organización do Encontro Ecoaldeas 2011:

Queremos volver atoparnos no espazo do posible, compartir e comprender o proceso que habemos de realizar como persoas para materializar aquí e agora a opción das eco aldeas e os proxectos comunitarios.

Un momento festivo onde compartir experiencias, comprobar o valioso das ideas e o difícil da súa implementación e divulgar coñecementos que nos axuden a transformar de maneira creativa as nosas vidas e a nosa contorna cara novos modelos de convivencia que velen pola sustentabilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

A parte educativa deséñase e organiza desde a propia RIE que propón un encontro moi creativo no que cada un poida achegarse –segundo as súas particulares necesidades– a unha visión holística dos temas que animan a rede.

Divididas en catro dimensións, atoparemos unha serie de 28 talleres, charlas, experiencias e demais coas que trazar a nosa propia ruta por este universo eco aldeán.

Esas 4 dimensións son:

  1. Social e comunitaria: Nela abordaremos os criterios sobre os que construír comunidades sas e equilibradas. Aspectos como os liderazgos, as tomas de decisións, o activismo social, a comunicación non violenta, a xestión emocional e do Poder, por exemplo, axudarannos a descubrir a evidente necesidade de dispor dunha boa caixa de ferramentas de facilitación para chegar a bo porto nos nosos proxectos colectivos.
  2. Ecolóxica: Prácticas como a agricultura biolóxica, a Permacultura, como calcular a pegada ecolóxica, a pegada hídrica, a autoxestión enerxética, a auga Viva, a bioconstrucción, os biocombustibles, as iniciativas en transición, por exemplo, terán cabida durante os talleres deste apartado.
  3. Económica: Encamiñándonos sempre cara á autoxestión das nosas economías, trataremos de enunciar e compartir moitas das prácticas e accións que podemos establecer para depender menos do capital e defender os dereitos da Terra, con ferramentas e experiencias prácticas. Biorexionalismo, cooperativas, investimentos éticos, moedas locais, decrecimiento, alternativas a unha economía baseada na produción e a depredación.
  4. Espiritual: Unha comunidade é algo máis que unha suma de individuos. Abordaremos coas ferramentas das que dispomos, esa dimensión invisible ­–pero non por iso inexistente– que ha de conformar ese “espírito” presente en cada comunidade ou proxecto comunitario. É a forza de gravidade que mantén unidos aos membros do grupo e dirixe o seu labor e dálle máis ou menos brillo. A fame polos símbolos, ritos e mitos segue estando presente nos nosos procesos, pois é a través deles como conectamos con outras dimensións máis sutís máis aló da nosa propia individualidade.

Programación:

PDF Programación do Encontro

Inscricións:

PDF Datos e Ficha de Inscrición
Báixate o PDF encheo e envíao a lakabeko@gmail.com ou chama ao 630 58 47 87

Mercadiño de troco

Este ano realizaremos no Encontro un mercadiño de troco, trocaremos os produtos que traias, (CD, DVD, libros, roupa, artesanía, pequenos aparellos, etc.) por puntos, que vos servirán para intercambiar por outros produtos.

Ademais, está claro, dos numerosos espazos creativos e autoxestionados que xorden nos encontros de verán da RIE, música, nenos, cineforum, baile, talleres instantáneos… etc.

Cómo chegar

Podes consultar e descargarte o plano e as indicacións de como chegar a A Corcerizas en coche, caravana, bus, tren, bici, andando… premendo aquí

Qué levar

  • Útiles para comer (prato, cubertos, vaso, gardanapos de tea).
  • Para as persoas que dormen no albergue: saco de durmir, chanclas e toalla.
  • Para as persoas que van facer algunha ruta: botella que se poida reencher para levar auga.
  • Recomendamos: Roupa de abrigo, lanterna, gorra, protector solar, esterilla, chuvasqueiro

Algúns datos de interese

  • A auga das billas das instalacións e da fonte é potable, de manantial.
  • Haberá duchas exteriores e baños secos para completar os servizos das instalacións.
  • Á chegada ás Corcerizas entregarase un plano coas zonas de acampada, aparcadoiro e servizos principais, e explicarase como proceder para a correcta xestión dos residuos.
  • A alimentación será ovolactovegetariana; elaborada con alimentos procedentes da agricultura ecolóxica local e comercio xusto (na medida do posible).
  • As Corcerizas está situado en plena Serra de San Mamede, estando prohibido facer lume nesta época do ano. Habilitaremos un PEQUENO espazo por se algunha persoa necesita utilizar hornillo ou cámping gas.
  • Durante o Encontro NON teremos capacidade para albergar a cans ou mascotas, así que por favor absterse de traer animais.
  • No pobo Arnuide hai un pequeno supermercado e panadaría, o horario e contacto son:

Supermercado Prol (Narciso) 988 44 93 80
de luns a sábado: 10:00 – 13:30 e de 16:00 – 20:30/21:00
domingo: de 10:00 – 13:30

Panadaría (o domingo non cocen): Avelina 988 44 91 03

Contacta con As Corcerizas (Amigos da Terra)

Correo electrónico: info@ascorcerizas.com
Local de Amigos da Terra en Ourense: 988 374 318
Albergue As Corcerizas: 988 302 403
Móbil: 677 292 557

Máis información sobre Ecoaldeas e a RIE en: www.ecoaldeas.org

As Ecoaldeas son asentamentos que viven buscando e creando modelos que integren o equilibrio entre o ecolóxico, o social, o cultural, o económico, o tecnolóxico, o político, o espiritual…

Non deixes pasar este momento!!