Nesta pasada fin de semana disfrutamos á vez que nos capacitamos nesta forma de construir e rehabilitar edificacións, co obxectivo de actuar dende a nosa vida cotiá, os nosos proxectos, e poder difundir con argumentos esta alternativa á construción convencional.

Para Amigos da Terra ser referentes no ecoloxismo non é mais que demostrar a viabilidade de todas as alternativas que defendemos como asociación e que demostran unha vez máis que o que antes se definía como utopía pode ser unha nova realidade.

Agradecemos especialmente a Guido Tomasini a oportunidade de mostrarnos todas as posibles técnicas do manexo deste material e de sumerxirnos neste apaixonante mundo.

Ademais das explicacións, preparación das diferentes masas de barro e demais materiais, levamos á práctica principalmente 4 técnicas de construción con barro cru:

  • Trenzado con avelaira e revoco con barro para tabiquería interior
  • Realización de ladrillos
  • Tapial, construción de muros de carga
  • Revocos con distintos tipos de barro e proporcións de materiais

Neste enlace podedes ver todas as fotos do curso!

Related Images: