Coa visita do Ies Rodeira de Cangas o pasado 26 de maio, dámos por finalizadas as xornadas educativas en As Corcerizas dentro dos Intercambios territoriais previstos na programación do Proxecto Terra para curso 2010-2011.

Entre os meses de abril e maio case 200 escolares de 12 a 18 anos, chegados de diferentes pontos de Galicia, puideron comprobar en 1ª persoas as vantaxes e beneficios da bioconstrución e arquitectura bioclimática; tomando consciencia da diversidade e evolución das construcións e dos asentamentos no territorio galego.

A visita educativa polas propias instalacións de As Corcerizas, obradoiro de construción con barro, roteiros interpretativos  pola Serra de San Mamede ou actividades de etnografía cos propios habitantes dos pobos da Serra, foron algunhas das actividades desenvoltas dentro do Programa.

Os Institutos integrados no Proxecto Terra que se desenvolveron nesta edición parte das actividades educativas en As Corcerizas foron:

  • IES Eusebio da Guarda (A Coruña)
  • IES Abrente (Ribadavia)
  • IES A Sangriña (A Guarda)
  • IES A Cañiza (Pontevedra)
  • IES Rodeira (Cangas)

Agradecemos a participación dos diferentes Centros e animamos aos que non o coñecen a descubrir e disfrutar deste interesante Proxecto!

Felicitar ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) polo PREMIO NACIONAL DE URBANISMO que lle foi concedido pola Secretaría de Estado de Vivenda e Actuacións Urbanas do Ministerio de Fomento polo “Proxecto Terra“.