Arquivos de Maio, 2011

Introdución ao coñecemento dos anfibios e reptís. Bioloxía e conservación

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis nas IV Xornadas de Rastros e Sinais de Fauna que se celebrará o día 12 de xuño no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

Esta xornada estará adicada aos hérpetos: anfibios e reptís, aportando toda a información necesaria para coñecer máis sobre a bioloxía e a conservación destas especies.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Curso práctico de Educación Ambiental, inscríbete!

Amigos da Terra desenvolverá o vindeiro 4 e 5 de xuño o curso Recursos prácticos de educación ambiental no tempo libre, co que se pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.

Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas. Traballaremos como abordar algunhas problemáticas ambientais difíciles de incorporar en programas de animación e tempo libre, como por exemplo o cambio climático, e como capacitar para a acción.

Datos de interese:

Datas e Horario: 4-5 de xuño de 2011; o curso dará comezo o sábado 4 ás 10.30h e rematará o domingo 5 ás 19.00h

Prezo: 75 €; 60 € para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe matrícula, aloxamento e alimentación procedente de agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

Destinatarios/as: monitores/as e directores/as de tempo libre, educadores/as ambientais e calquera persoa interesada nos obxectivos do curso.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

II Fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais

As Corcerizas acolle dende hoxe e ata o domingo, a segunda fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais, un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés). Nesta ocasión, despois de facer un roteiro na busca e interpretación de rastros animais e profundizar no coñecemento da situación do lobo en Galicia, abordaremos unha temática de conexión coa Terra, dando renda solta á nosa imaxinación creando obras de “Land Art”.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Apúntate ao Monográfico de Construción e Rehabilitación con Barro

curso construcion barroOs días 28 e 29 de maio, Amigos da Terra e o experto artesano e bioconstrutor Guido Tomasini levaremos a cabo o curso de Construción e Rehabilitación con Barro

O barro é un dos primeiros materiais empregados pola humanidade para a construción, contando cunha serie de propiedades que o situan hoxe en día nun material de preferencia en bioconstrución.

Xunto a outros materiais que manexaremos no curso, como palla ou mimbre, a facilidade de extracción, preparación e emprego, facilita o uso do barro en proxectos de auto-construción.

O obxectivo deste curso é mostrar, a través da práctica, esta posible alternativa para poder levar a cabo construcións e actividades de rehabilitación con barro nos nosos propios proxectos (vivenda, local social, traballo, etc.)., aplicando diferentes técnicas con barro cru.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza