Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais.

Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.

 

ACTIVIDADES A DESENVOLVER:

Revexetación dunha das balsas do filtro de depuración biolóxica
Creación de refuxios para anfibios e reptis
Restauración e recuperación ambiental de regueiros
Consolidación de pequenos taludes e recuperación da flora preexistente
Acondicionamento e creación dun bosque comestible
Actividades de identificación e conservación de rastros e sinais de fauna
Restauración dos prados pastizais naturais
Fabricación e colocación de comedeiros e caixas niño para aves e morcegos
Formación Xurídico Ambiental
Roteiros pola Serra
….

 

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN NA SERRA DE SAN MAMEDE:
Abril: do 29 ao 1 maio.
Maio: do 13 ao 15.
Xuño: do 17 ao 19, e do 24 ao 26.
Cada quenda contará cun máximo de 25 persoas voluntarias.

As actividades e estancia desenvolveranse no entorno do Centro de Educación Ambiental As Corcerizas

 

O PROGRAMA INCLÚE:
– Aloxamento e pensión completa en albergue.
– Programa de actividades e equipo educativo
– Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
– O desprazamento ata o albergue será por conta dos participantes.

 

CONDICIÓNS XERAIS:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web de voluntariadogalego.org da Xunta, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.

 

Este programa é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza; na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés)