Arquivos de Abril, 2011

Apúntate ao Monográfico de Construción e Rehabilitación con Barro

curso construcion barroOs días 28 e 29 de maio, Amigos da Terra e o experto artesano e bioconstrutor Guido Tomasini levaremos a cabo o curso de Construción e Rehabilitación con Barro

O barro é un dos primeiros materiais empregados pola humanidade para a construción, contando cunha serie de propiedades que o situan hoxe en día nun material de preferencia en bioconstrución.

Xunto a outros materiais que manexaremos no curso, como palla ou mimbre, a facilidade de extracción, preparación e emprego, facilita o uso do barro en proxectos de auto-construción.

O obxectivo deste curso é mostrar, a través da práctica, esta posible alternativa para poder levar a cabo construcións e actividades de rehabilitación con barro nos nosos propios proxectos (vivenda, local social, traballo, etc.)., aplicando diferentes técnicas con barro cru.

Ler mais…

Fins de semana de voluntariado ambiental en San Mamede. Apúntante xa!

Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais.

Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.

 

Ler mais…

Cualifícate en Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición

Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.

interpretacion del patrimonio

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.

Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.

DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.

DURACIÓN: 40 horas

PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.

Consulta os CONTIDOS e máis información sobre o curso.

 

Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.

Ler mais…

Últimos días para a inscrición no curso de “Ecoteatro”

Ao longo desta semana ainda tedes a oportunidade de inscribirvos ao curso de Ecoteatro, baixo o título de A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, que se celebrará o 16 e 17 de abril.

Consulta a información pinchando aquí, e apuntate canto antes!

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ampliou o plazo para a recepción de solicitudes durante esta semana. Se tes algunha dúbida contacta con nós en info@ascorcerizas.com

 

O obxectivo do curso é a capacitación de monitores/as, educadores/as e outros profesionais relacionados cos eidos do tempo libre e a educación ambiental, con novas ferramentas comunicativas e de participación. A través da teatralización, expresión corporal, animación, etc, poderedes mellorar nas vosas intervencións educativas e lúdicas, tanto para o público infantil como adulto.

Comunicadores e ONGD únense para compartir formación e experiencias

Esta fin de semana, celebramos no Centro, o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra e AGARESO ( Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretendeu dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD, para mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e aos profesionais dos medios para que poidan comunicar dun xeito máis axeitado e adecuado á realidade do mundo da cooperación e a comunicación social. Ler mais…