Inscríbete no Curso “A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación”
Amigos da Terra anímavos a que vos inscribades ao Curso A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, enmarcado no Plan de formación no eido do tempo libre que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os cursos do plan están dirixidos a mozos e mozas en xeral, non obstante terán preferencia os/as monitores/as e directores/as de tempo libre.
DATAS: 15, 16 e 17 de abril. Venres ás 19.30h. ata o domingo ás 19.00h.
DURACIÓN: 20 horas, repartidos en módulos teóricos e fundamentalmente prácticos
INSCRICIÓN: A reserva da praza efectuarase por vía telemática, accedendo á solicitude a través da web www.xuventude.net. Pincha aquí e consulta toda a información precisa.
PRAZAS LIMITADAS!
CONTIDOS DO CURSO
Módulos teóricos:
- O teatro ao servizo da educación ambiental: ferramentas para o cambio
- A expresión dramática: medio comunicador de valores e técnica transformadora da conduta humana
- Principais técnicas para o emprego do teatro como recurso para a intervención socioeducativa no ocio e tempo de lecer
Módulos prácticos:
- Emprego dos elementos interventores no fenómeno comunicativo dramático: o corpo, a voz, as emocións, vestiario e elementos de escenografía, as imaxes e os símbolos. Práctica das diferentes técnicas
- O eco-teatro: cando a arte crea novas realidades. Creación de animación teatral
COTA DE INSCRICIÓN: 60 €
CONTACTO: maria.del.carmen.suarez.regueira@xunta.es











