Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.

Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.

Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!

As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.

CONTIDOS

  • A biodiversidade en España
  • Impactos do cambio climático e biodiversidade
  • Os marcos lexislativos do cambio climático e a biodiversidade: casos de estudo
  • Biodiversidade e cambio global: aportando solucións

DATAS: 9 e 10 de abril. Posibilidade de recepción desde o día 8 a partir das 20h.

INSCRICIÓN: cubre a ficha de inscrición e remítea a info@ascorcerizas.com

O prazo de inscrición remata o día 4 de abril

Amigos de la Tierra Fundación Biodiversidad