Dando continuidade ao labor educativo que levan facendo neste eido Amigos da Terra no Centro de As Corcerizas e o Concello de Ourense na Aula de Natureza do río Miño, propomos para celebrar o Día da Árbore, no Ano Internacional dos Bosques, unha xornada de achegamento ao Macizo Central Ourensán co obxectivo de revalorizar os nosos recursos forestais e iniciar a creación dun bosque de acivros na Serra de San Mamede. Día da Árbore 2011

Será este o inicio dun recurso educativo que irá medrando e madurando co paso do tempo e a implicación dos diferentes Centros educativos e persoas que pasan anualmente pola Serra.

  • DÍA: Luns 21 de marzo
  • LUGAR: Macizo Central Ourensán, Serra de San Mamede, entorno do Centro de As Corcerizas
  • PARTICIPANTES: escolares de Ourense

Consulta o Programa do Día da Árbore no Ano Internacional dos Bosques.

Agradecer a donación da totalidade dos acivros a Luis Álvarez, quen coidou ate o seu tamaño de trasplante as arboriñas que ían saindo no seu xardín, na zona de Cerdedo.

Os Centros educativos interesados en participar deberán reservar praza antes do 15 de marzo contactando con Amigos da Terra en:

info@ascorcerizas.com
988 374 318

Organizan:

 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en 2006 a resolución pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques, co obxectivo de concienciar á opinión pública de que os bosques son esenciais para a sustentabilidade do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.