Pasadas as xornadas de “O monte como fonte sostible de recursos” podemos dicir que o balance é grandemente positivo.

No entorno das 45 persoas, das diferentes comunidades de montes e axentes implicados no entorno da Serra de San Mamede, déronse cita  na mañá do pasado domingo en As Corcerizas, para recibir con atención e interese as valoracións e propostas previstas na programación.

Coa exposición da Guía para propietarios dos terreos eólicos por X. Simón, e as aportación e experiencia de Luis Miguel da Xunta da Galicia, mostráronse as áreas de desenvolvemento eólico que afectaban aos terreos das Comunidades de montes presentes; aportando datos de referencia, valorando posibilidades, e asesorando para que as relacións entre as CMMC e as empresas promotoras sexan os máis xustas e equilibradas posibles.

Gandeiros propietarios de explotacións na Serra acolleron con interese a presentación das experiencias prácticas das Cooperativas de Monte Cabalar e Penamá;  reforzándose o valor da xestión integrada do monte coma fonte sustentábel de recursos coa ponencia de Xosé Santos, quen aportou unha visión alternativa aos usos convencionais do monte.

A xornada rematou pola tarde coa visita polo equipamento de As Corcerizas, demostrando a viabilidade dun proxecto educativo en coherencia e respecto polo Medio e os pobos que o rodean.

Agradecer á  Fundación Juana de Vega a enteira disponibilidade e colaboración para a realización desta xornada divulgativa, na que foron tamén distribuidos exemplares da Guía entre todos/as os/as interesados/as