Con este sorriso dende a Serra de San Mamede, despide Lucie Alain o seu proxecto como Voluntaria Europea de Amigos da Terra no Centro de As Corcerizas.

10 meses colaborando nos proxectos e actividades da Asociación, aportando e compartindo coñecementos, experiencias e grandes momentos de amizade.

Os últimos meses do seu voluntariado estiveron centrados na temática da xestión alternativa de residuos, construíndo un baño seco para a aula de As Corcerizas e elaborando un Boletín informativo sobre a xestión integral das augas e da biomasa, en base á tradución do traballo do científico Joseph Orszasgh, creador de Eutarcie.

En breve estará dispoñible o boletin para consulta na sección de documentación da web

Unha forte aperta de agradecemento de toda a Asociación, especialmente da equipa de As Corcerizas.
Sabido é por todos/as que o monte no ten cancelas, asi que as portas están abertas para cando queiras voltar.
Beijos e sorte nos novos proxectos que xa pronto empezan!