O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros dias 5, 6, 7 e 8 de marzo para todas aquelas persoas que queiran disfrutar dos mellores e máis coñecidos carnavais galegos, xa que o albergue atópase no corazón do triángulo máxico do Entroido ourensán, formado polas vilas de Laza, Xinzo de Limia e Verín.

Se vos animades e queredes desfrutar da natureza, os arredores do albergue son ideais para realizar varias rutas tanto a pé como en bicicleta, nas que coñeceredes o contorno natural e cultural máis representativo do Macizo Central Ourensán.

  1. Ruta ao Bidueiral de Montederramo
  2. Ruta a Rebordechao
  3. Ruta a Teixeira

Non deixedes pasar a oportunidade!
Datas importantes do triángulo máxico do Entroido:

Laza

  • Venres: O Folión
  • Sábado: A Cabritada
  • Domingo: A Estrena
  • Luns: A Farrapada, Gitanada dos burros, A morena, A Formigas
  • Martes: Testamento do burro, Queimada de Arangaño, Enterro do Entroido

Xinzo de Limia

  • Domingo: Domingo corredoiro
  • Luns: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
  • Martes: Desfiles, disfraces, pantallas e carrozas
  • Mércores: Enterro da sardiña

Verín:

  • Sábado: Charangas, bombas e petardos
  • Domingo: Desfile de cigarróns e carrozas
  • Luns: Fariñada
  • Martes: Desfile de cigarróns e carrozas

Para máis información e reservas:

Amigos da Terra
988 374318
info@ascorcerizas.com