Arquivos de Febreiro, 2011
Goza do Entroido en As Corcerizas
Feb 22
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros dias 5, 6, 7 e 8 de marzo para todas aquelas persoas que queiran disfrutar dos mellores e máis coñecidos carnavais galegos, xa que o albergue atópase no corazón do triángulo máxico do Entroido ourensán, formado polas vilas de Laza, Xinzo de Limia e Verín.
Se vos animades e queredes desfrutar da natureza, os arredores do albergue son ideais para realizar varias rutas tanto a pé como en bicicleta, nas que coñeceredes o contorno natural e cultural máis representativo do Macizo Central Ourensán.
Related Images:
O monte como fonte sostible de recursos. Xornadas divulgativas
Feb 18
Data: 27 de febreiro 2011
Lugar: Centro de As Corcerizas, Serra San Mamede (Ou)
Destinatarios/as: proprietarios/as e xestores/as de CMMC, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural, público xeral.
Con estas xornadas Amigos da Terra pretende promover unha reflexión crítica sobre usos do monte, achegando ferramentas, experiencias e vías de comunicación e formación, para a capacitación dos axentes implicados
Dentro da xornada está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos que editou a Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.