Ábrese o prazo de inscrición dos Campamentos Ambientais de Amigos da Terra para mozos/as e nenos/as. Este ano os campamentos son de carácter estatal, convivindo nenos e nenas de todas as comunidades en As Corcerizas, e adaptados aos diferentes grupos de idades.

Os/as pequenos/as disfrutarán dunha nova experiencia, na que a través do xogo e o divertimento, reforzarán actitudes que os capacitarán para vivir en coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

Educación ambiental, animación e convivencia, actividades deportivas, culturais, excursións, obradoiros, veladas… conforman un programa de 8 días de actividades, enfocadas desde unha perspectiva educativa á vez que lúdica, fomentando a creatividade e o respecto pola natureza e a convivencia.

As actividades, as instalacións, o contorno natural, a alimentación de calidade, e a longa experiencia e cualificación do equipo educativo de Amigos da Terra, aseguran o espazo máis axeitado para que os/as nenos/as interactúen nun campamento de alta calidade.

DATAS: 1 a 8 de agosto de 2011
IDADES: 8 a 11 anos e 12 a 15 anos
PREZO: 335 euros; 300 euros para socios/as de Amigos da Terra

Máis información: Campamentos Amigos da Terra 2011

Fai a túa reserva, envía a ficha de inscrición e solicita o programa detallado de actividades, por correo electrónico a info@ascorcerizas.com ou chamando ao número 988 374 318