O albergue de As Corcerizas abre as súas portas co motivo da Ponte da Constitución para desfrutar do 3 ao 8 de decembro do encanto da serra no inverno.  Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para compartir uns días en boa compañía.


Para estes días e para que non deixes de moverte, ofertamos varias actividades:


  • Aproveita esta escapada para deixarte hipnotizar pola súa paisaxe e os maravillosos roteiros que ofrece o contorno, tanto a pé coma en bicicleta:
  1. Roteiro ao Bidueiral de Montederramo
  2. Roteiro a Rebordechao
  3. Roteiro a Teixeira
  • Ademais poderás desfrutar dunha visita guiada polo equipamento para coñecer  “in situ”  un proxecto que demostra a súa realidade, coñecendo o funcionamento da enerxías renovables, a bioconstrución e a xestión alternativa dos residuos.
  • Para rematar, propoñemoste que te relaxes no Balneario de Baños de Molgas, gozando das  propiedades terapeúticas das súas augas a través dunha ruta termal: toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con barro.  Todo isto cun 15 % de desconto en tratamentos de auga.

Prezo do aloxamento por día 10 euros
Oferta especial: se ves todos os días da ponte te regalamos un!
10% de desconto por persoa se ves con acompañante!

Máis información e reservas: 988 374 318 – info@ascorcerizas.com