Do 25 ao 28 de outubro, recibimos unha vez máis, ao grupo do Instituto de Educación Secundaria O Castro, en Vigo, para realizar o curso de Voluntariado ambiental.

Durante estes catros días, reflexionamos sobre que é o voluntariado e a súa utilidade para resolver a problemática, da irresponsabilidade da sociedade fronte ao noso medioambiente.

Foi unha ocasión para eles/as, para dedicar o seu tempo ao voluntariado, valorando o traballo en grupo e as actividades prácticas ligadas ao entorno natural e ao rural.

Elaboraron distintos proxectos ficticios sobre voluntariado, fixeron labores de mellora nun muíño de Arnuide e tarfeas de limpeza nun tramo do río, dúas labores necesarias no pobo e que todo o mundo agradeceu moito a este grupo que con toda a ilusión e cariño se prestaron a facer.

Pero non quedou soamente nesto, senón que se fixo un composteiro artesanal, e se lle entregou ao colexio de Vilar de Barrio, cunha pequena presentación feita polo grupo, para que podan introducir a compostaxe e sexa un recurso educativo.

Noraboa equipo!!

Na web do IES o Castro poderedes consultar o enfoque do programa de formación e as valoracións finais, feitas polo alumnado do Instituto.

Galería de fotos IES O Castro