Como todos os anos por estas datas, Amigos da Terra, presenta as “III Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte” que se realizara o día 14 de novembro.

Contaremos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, profesional da materia e presidente da Asociación Micolóxica Os Cogordos.

Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte, puidendo desfrutar dunha das actividades máis saudables e habituais nesta época.

Esta xornada nos servirá para recoñecer as setas e os fungos máis atractivos para a nosa gastronomía, así coma os tóxicos e perigosos, ademais de pasar un agradable e satisfatorio día.

O albergue de As Corcerizas estará dispoñible para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar antes da xornada micolóxica, do encanto da serra, coa actividade do roteiro ao Bidueiral de Montederramo e o posterior magosto. Para máis información desta alternativa pincha aquí.

Contidos das xornadas:

  • Información sobre fungos e boas prácticas no monte.
  • Recollida e recoñecemento por xénero, especie e hábitat, in situ.
  • Realización dunha ficha técnica.
  • Exposición dos fungos recollidos.

Materiais a levar:

  • Guía de campo.
  • Navalla.
  • Cestiña ou caixa para levar os cogomelos.
  • Xantar.

Lugar e Horarios:

  • 14 de novembro con inicio da xornada ás 10:00 da mañá.

Inscricións:

  • Nº de prazas: 30
  • Prezo da xornada micolóxica: 10 €
  • Prezo especial fin de semana: 30 € (almorzo do domingo incluído)