A pasada fin de semana do 23 e 24 de outubro, tivo lugar as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, e coma nas anteriores xornadas foi todo un éxito.

Contamos coa colaboración de dous profesionais e expertos na materia, que levan moito tempo investigando e facendo seguementos e estudios da fauna do noso país, eles son Rubén Portas de ASCEL e Xosé Pardavila dos GEAS.

Neste dous días puidemos ver a grabación de Martes martes (marta) nuha das cámaras colocadas nas xornadas. Tamén analizamos os rastros atopados e os identificamos, mostrando unha vez máis a riqueza en fauna da serra de San Mamede.


E como non podía faltar, desfrutamos da beleza otoñal do bidueiral de Montederramo, unha zona que posúe unha gran variedade en flora e fauna; e alí nos adentramos un grupo de 25 persoas a investigar, ver e escoitar todo o que no seu interior acontecía.

Así que animadevos para a seguinte xornada e alí nos vemos!

Por certo xa podedes ver algunhas das fotos destas fin de semana pinchando aquí