Arquivos de Novembro, 2010

Sen plan para a Ponte da Constitución? Escápate a As Corcerizas!

O albergue de As Corcerizas abre as súas portas co motivo da Ponte da Constitución para desfrutar do 3 ao 8 de decembro do encanto da serra no inverno.  Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para compartir uns días en boa compañía.

Ler mais…

Visita dos alumnos do curso de Electricistas de edificios 2010

O pasado día 10 de novembro, recibimos aos alumnos do curso de “Electricistas de Edificos 2010”, do Centro de Formación Profesional Ocupacional de Viveiro (Lugo).

O obxectivo desta visita, foi coñecer persoalmente a realidade e a viavilidade das enerxías renovables, puidendo coñecer de forma práctica o funcionameto das instalacións fotovoltaicas, eólicas e microhidráulicas, así coma a súa aplicación nos edificios; por outra banda, coñeceron o equipamento e a labor didáctica que Amigos da Terra desenrolamos nel.

Coma todos os anos, agradecemos a interese mostrada polo centro, en incluir As Corcerizas no seu temario práctico.

Curso de Voluntariado Ambiental co I.E.S. O Castro

Do 25 ao 28 de outubro, recibimos unha vez máis, ao grupo do Instituto de Educación Secundaria O Castro, en Vigo, para realizar o curso de Voluntariado ambiental.

Durante estes catros días, reflexionamos sobre que é o voluntariado e a súa utilidade para resolver a problemática, da irresponsabilidade da sociedade fronte ao noso medioambiente.

Ler mais…

III Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte

Como todos os anos por estas datas, Amigos da Terra, presenta as “III Xornadas de Micoloxía e boas prácticas no monte” que se realizara o día 14 de novembro.

Contaremos coa colaboración de Juan José Martínez Álvarez, profesional da materia e presidente da Asociación Micolóxica Os Cogordos.

Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte, puidendo desfrutar dunha das actividades máis saudables e habituais nesta época.

Ler mais…

No outono, apuntate a roteiro e magosto

O vindeiro sábado13 de novembro, celebraremos o outono na Serra de San mamede, cun roteiro interpretativo ata o Bidueiral de Montederramo e un magosto en As Corcerizas.

Ao longo da xornada realizaremos un obradoiro de cartografía-orientación. Plantaremos árbores nunha zona degradada, faremos a interpretación dos ecosistemas que acubilla a Serra.

E remataremos o día cun tradicional magosto en As Corcerizas. Castañas, música tradicional,lendas e contos…

Datos prácticos:

O prezo de toda a xornada será de 10 Euros, con todos os gastos incluidos.

Data límite para inscribirse: 10 de novembro.

De Ourense sairá un autobús ás 9:00h da mañá desde o Parque San Lázaro.

Ler mais…

O lobo e o teixugo. Bioloxía e conservación

A pasada fin de semana do 23 e 24 de outubro, tivo lugar as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, e coma nas anteriores xornadas foi todo un éxito.

Contamos coa colaboración de dous profesionais e expertos na materia, que levan moito tempo investigando e facendo seguementos e estudios da fauna do noso país, eles son Rubén Portas de ASCEL e Xosé Pardavila dos GEAS.

Ler mais…

Aprazamento do Curso de Interpretación do Patrimonio

Por motivos alleos á organización, o Curso de Interpretación do Patrimonio previsto para este mes de novembro aprázase ata novo aviso.

Manterémosvos informados/as das novas datas.


Para máis información:

info@ascorcerizas.com

Tfno: 988 374 318