A pasada fin de semana celebramos  no centro o encontro anual no que cada ano reunímonos socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra.

Ademais de rematar as tarefas pendentes, coma a balsa de macrofitas, aplicar os silicatos á parede de barro, dar aceites ás madeiras do comedor e da aula, tamén houbo espazo para novas creacións por parte dos/as participantes no equipamento, coma un baño seco, que se instalou na parte traseira da aula.

O principal obxectivo deste encontro, non foi soamente traballar nas diferentes tarefas que se plantexaron, senón que o máis importante para nós foi dar a coñecer en profundidade o proxecto de As Corcerizas, e mostrar a súa dispoñibilidade para aquelas persoas que queiran e podan colaborar nel.

Pero coma non todo foi traballar, estivemos coas panderetas e as nosas cantigas animando as noites da serra e preparando todo para o domingo facer a ruta ao Bidueiral de Montederramo, onde a parte de desfrutar da paisaxe, puidemos observar a unha parella de aguias reais.


Agradecemos a todas as persoas que colaboraron e participaron nesta fin de semana, polo esforzo, os coñecementos e a enerxía posta neste encontro.


Aquí tedes o enlace da noticia da TVG sobre o encontro desta fin de semana.