Os proximos días 24, 25 e 26 de setembro, Amigos da Terra celebra o seu “Encontro anual de socios/as e voluntarios/as”.

Convidamos a todas as persoas a xuntarse en As Corcerizas para compartir experiencias, falar das nosas inquedanzas e tamén para facer algo en común no proxecto.

Repetiremos a experiencia levada a cabo no campo de traballo de bioconstrucion e autoconstrución, e realizaremos traballos comunitarios de mellora do equipamento, coma algunhas tarefas que quedan pendentes de finalizar.

  • Fixemos revocos con palla- barro no caseto que hai entre o albergue e a casa das enerxías. Gustaríanos contarvos qué técnicas e materiais empregamos e rematar cunha capa de silicatos para protexer o barro.
  • Queda unha capa de aceite na madeira do comedor e da aula.
  • Comezamos a impermeabilizar a parede norte do comedor, e revocamos con masa de cal hidráulica. Queda por dar outra capa de masa de cal aérea, e que coñezades as vantaxes destos materiais e cómo se aplican na práctica.
  • Unha das balsas de depuración con macrofitas está rota por culpa das residentes locais rumiantes! Intentaremos poñela a punto.

Ademais neste encontro, facilitarase un espazo para todas as persoas interesadas en participar, co fin de mellorar o coñecemento mutuo, o intercambio de experiencias e a cooperación a través do traballo en rede, favorecendo a implicación e o compromiso.

Seguimos a darlle vida á Serra de San Mamede, con ilusión e enerxía, o 24, 25 e 26 de setembro!

Para concretar prazas, horarios e coordinar os desprazamentos, podedes contactar con nós ate o xoves 23 ás 13:00 mediante correo ou por teléfono:
info@ascorcerizas.com

988 374 318