Este verán desfruta da túa estancia no albergue por tan só 8€.
Terás ademais a posibilidade de realizar rutas guiadas, e visitar as instalacións para coñecer o funcionamento das enerxías renovables e as técnicas de bioconstrución que fan de As Corcerizas un lugar especial e coherente co medio.

Así mesmo, o 31 de xullo realizaremos unha visita guiada pola Serra de San Mamede e o seu contorno. Un percorrido pola historia, innovación e lecer dos pobos de Vilar de Barrio e Maceda.

23€ (inclúe transporte en autobús).

Programa:

– Visita guiada ao Castelo de Maceda.
– Enerxías renovables e bioconstrución en As Corcerizas
– Ruta interpretativa pola Serra de San Mamede e baño no río Arnoia

Aproveita tamén a ocasión para achegarte e participar na Noite do Terror de Chaioso ( Maceda), unha actividade orixinal e cada vez máis concorrida, que terá lugar a noite do 31 nas proximidades do Castelo de Maceda.

Related Images: