Amigos da Terra organiza do 3 ao 10 de xullo un seminario de cambio climático en As Corcerizas, encontro dirixido a mozos/as de catro países europeos con inquietudes respecto aos problemas e ás  posibles alternativas para  frear o cambio climático.

Ao longo de cada día levaranse a cabo  relatorios e debates dirixidos por expertos/as e participantes que identifican alternativas de redución da pegada de carbono, e accións prácticas para cada un dos temas tratados: eficiencia enerxética, agroecoloxía, bioconstrución, denuncias ambientais, decrecemento e a produción e aplicacións do compost, entre outros.

As organizacións que colaboran e participan neste encontro son os/as nosos/as compañeiros/as de Amigos de la Tierra España, Bélxica e Reino Unido e a Asociación Oïkos de Francia.

Se estás interesado/a en participar ponte en contacto con nós no e-mail info@ascorcerizas.com ou no teléfono da asociación: 988374318.
Os custos de aloxamento, comida, actividades, excursións e viaxes son de balde, a única condición é a de preparar e expoñer algunhas iniciativas sostibles en relación á temática do seminario.